miércoles, 27 de mayo de 2009
martes, 26 de mayo de 2009
A infancia de Ramón Piñeiro
Ramón Piñeiro naceu en Armea, na parroquia de Láncara, provincia de Lugo, o día 31 de maio do ano 1915. Era fillo de Salvador Piñeiro García e de Vicenta López Fernández.
O pai viviu de mozo en Madrid, onde se fixo cunha importante cultura, en contacto con grupos liberais. Foi alí onde coñeceu a súa futura muller, veciña do lugar de A Pedreira, que daquela residía tamén na capital en compañía dun irmán que tiña de negocio.
Despois de casar construíron a casa familiar de Armea, que non puideron rematala por falta de diñeiro.
Esa foi a razón de que Vicenta emigrase a Bos Aires, quedando o seu home, que daquela traballaba como oficial no concello, ó cargo dos nenos e da casa.
En Láncara, os Piñeiro eran coñecidos polo nome de "Os de Abaixo", que para o resto dos veciños quería dicir que eran persoas raras, aínda que tamén tiñan fama de seren moi intelixentes.
Era unha historia antiga, pero que se reforzou moito durante a infancia de Piñeiro, pois dous tíos seus chegaron a padecer enfermidades de tipo mental.
A rareza dos Piñeiro, sen embargo, incluía tamén historias agradables, como a lenda dun tesouro atopado por un dos antepasados da familia. Unha versión aseguraba que un día, estando nun prado, un dos bisavós de Piñeiro encontrara unha arqueta chea de moedas de ouro. Esa arqueta estivo no faiado da casa durante moitos anos.
Outra versión, esta de tipo fantástico, pretendía que a arqueta co tesouro fora vista flotando no río cunha moura que ía sentada nela e se peiteaba cun peite de ouro.
O máis probable é que a arqueta fose un tesouro agachado por alguén cando a francesada.
Co diñeiro do tesouro, os Piñeiro levantaron a casa familiar.
Ramón non naceu nela, senón na que construíron os seus pais e que foi a causa de que a nai marchase a Buenos Aires en busca de fortuna para podela rematar.
Desta casa proceden os primeiros recordos de Ramón Piñeiro, cando a nai o metía nun pequeno espazo coutado con bancos de madeira e el se puña a correr arredor, divertido pola propia velocidade con que o facía.
De neno, Piñeiro foi un neno tímido, en parte porque vivía illado e sen poder xogar con outros nenos, debido á distancia que había entre a casa familiar e as demais casas da aldea. Por iso, xogaba só. Construía casiñas de barro e botaba longas parrafadas consigo mesmo.
Esta timidez e tendencia á soidade acentuábase cando había visitas na casa. Nesas ocasións, o neno desaparecía rapidamente, pero procurando que non se notase.
Na súa soidade, Ramón meditaba. Un dos problemas que o intrigaban era o tren, do que lle escoitara dicir ó seu pai que era como un coche moi grande, pero sen cabalos. Esa idea non a conseguía entender pois os únicos vehículos de tracción que coñecía eran os carros arrastrados polos bois ou os carromatos tirados polos cabalos.
Tamén sentía interese pola escritura.
En parte, este interese proviña do feito de que o seu pai, que era un bo calígrafo, cuestión moi importante nunha época en que practicamente non existía outro tipo de escritura, tiña a teoría, entón bastante estendida, de que os nenos podían aprender a ler pronto, pero non a escribir, pois había que evitar que adquirisen vicios que logo serían moi difíciles de enmendar.
Por esta razón, Piñeiro soubo ler moi pronto, pero ninguén lle aprendeu a escribir antes de ir á escola. Fíxoo el pola súa conta. Utilizaba garabullos para trazar liñas sobre a cinsa ou na terra, e tamén pallas que mollaba en auga, coas cales debuxaba sobre a mesa da cociña. Nisto contaba coa axuda da nai.
Deste xeito, cando Piñeiro cumpriu seis anos e foi á escola, xa sabía ler e escribir. Na escola, o mestre falaba en castelán, o cal desconcertou ó neno, que non entendía a razón daquela situación estraña, pois o galego era a única lingua que se falaba na súa casa e na aldea, entre os veciños. Sentíuno como unha humillación.
Na escola, Piñeiro aburríase porque xa sabía ler e escribir.
Para distraerse, intrigado pola historia aquela que o seu pai lle tiña contado respecto do tren, púxose a imaxinar como podía se-la máquina que arrastraba o comboio, que era o substituto dos cabalos. Despois, pintouna na pizarra, tratando de descubrir o segredo do seu funcionamento.
Estaba tan emocionado coa solución daquel enigma, que un día non se decatou de que o mestre o chamaba. Entón este achegóuse ata a mesa de Ramón e preguntoulle: “¿ Tú vienes a la escuela a estudiar o vienes a jugar?” O neno quixo oculta-la “pizarra”, pero o mestre colleuna e preguntoulle: "¿ Qué es esto?" Collido por sorpresa, respondeu que era a máquina do tren. Entón o mestre díxolle: “ ¿La máquina del tren? ¿Así que en lugar de estudiar como los demás, te dedicas a inventar cosas? Sin duda vas a ser de los que inventan la pólvora.”
O que máis amolou a Piñeiro foron as burlas dos seus compañeiros maiores, un día, por fin, Piñeiro puido ve-lo tren. Foi en Sarria, con motivo dunha viaxe a Lugo para ir ás festas do San Froilán.
Pero antes recibiu outra sorpresa: a luz eléctrica, que non coñecía.
Aquel mesmo día foi comer a un restaurante co seu pai, onde o neno viu unha luz que non era nin un candil nin unha vela, que ademais non se apagaba soprando.
Despois xa veu o tren. Cando estaba esperando na estación, ó divisa-la locomotora avanzando pola vía, botouse a correr despavorido, ata que o seu pai o colleu e o tranquilizou.
A viaxe foi todo un acontecemento.

lunes, 25 de mayo de 2009
domingo, 17 de mayo de 2009
Comentarios sobre Ramón Piñeiro
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, comprometeuse hoxe a gobernar facendo uso "do galeguismo cordial" e a "defensa da democracia" que representou ó homenaxeado no Día das Letras Galegas 2009, Ramón Piñeiro.
Durante a inauguración en Lugo da exposición 'Ramón Piñeiro, olladas no futuro', na que acuderon o conselleiro de Educación, Xesús Vázquez Abad, e o titular de Cultura, Roberto Varela, Feijóo considerou "un acto de xusticia" para o pobo galego a homenaxe a Piñeiro, a quen considerou "máis que un escritor, máis que un pensador, máis que un filósofo".
Así, recordou que o escritor de Láncara representa a "unha xeneración convencida" da que a cultura e a poesía eran "un arma cargada de futuro naquela época ingrata de noites de pedra".
Por iso, destacou que as palabras de Piñeiro constituen "o fundamento dunha Galicia" entendida como "punto de encontro no que se cruzan pasado, presente e futuro" e "a primeira pedra dun autogobierno como casa común de todos os galegos".
Finalmente, negou que existan "moitos precedentes" a súa figura e reiterou que supuso "unha síntesis de democracia e galeguismo nun tempo no que non sempre esos conceptos iban da man".
Carlos Núñez.corrixido a galego.

martes, 12 de mayo de 2009
Persoas Homenaxeadas No Dia Das Lertras Galegas
1963 - Rosalía de Castro
1964 - Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
1965 - Eduardo Pondal
1966 - Francisco Añón
1967 - Manuel Curros Enríquez
1968 - Florentino López Cuevillas
1969 - Antonio Noriega Varela
1970 - Marcial Valladares Núñez
1971 - Gonzalo López Abente
1972 - Valentín Lamas Carvajal
1973 - Manuel Lago González
1974 - Xoán Vicente Viqueira Cortón
1975 - Xoán Manuel Pintos Villar
1976 - Ramón Cabanillas
1977 - Antón Villar Ponte
1978 - Antonio López Ferreiro
1979 - Manuel Antonio
1980 - Alfonso X el Sabio
1981 - Vicente Risco
1982 - Luis Amado Carballo
1983 - Manuel Leiras Pulpeiro
1984 - Armando Cotarelo Valledor
1985 - Antón Losada Diéguez
1986 - Aquilino Iglesia Alvariño
1987 - Francisca Herrera Garrido
1988 - Ramón Otero Pedrayo
1989 - Celso Emilio Ferreiro
1990 - Luis Pimentel
1991 - Álvaro Cunqueiro
1992 - Fermín Bouza Brey
1993 - Eduardo Blanco Amor
1994 - Luis Seoane
1995 - Rafael Dieste
1996 - Xesús Ferro Couselo
1997 - Ánxel Fole
1998 - Xoán de Cangas, Martín Códax y Mendinho
1999 - Roberto Blanco Torres
2000 - Manuel Murguía
2001 - Eladio Rodríguez
2002 - Fray Martín Sarmiento
2003 - Antón Avilés de Taramancos
2004 - Xaquín Lorenzo Fernández, Xocas
2005 - Lorenzo Varela
2006 - Manuel Lugrís Freire
2007 - María Mariño
2008 - Xosé María Álvarez Blázquez
2009 - Ramón Piñeiro López

lunes, 11 de mayo de 2009
É momento de recomendacións
Reunión da editorial Galaxia onde podemos ver, entre outros, a Ramón Otero Pedrayo, Xosé María Álvarez Blázquez, Francisco Fernández del Riego, Ramón Piñeiro, Xaime Isla, Domingo García Sabell, Ricardo Carballo Calero e Fermín Penzol.Blogueiros, é evidente que xa non se poden seguir publicando biografías de Ramón Piñeiro. Agora pódese buscar informacións sobre aspectos concretos da súa vida ou sobre as institucións nas que participou. Tamén sería bo atopar fragmentos ou textos dalgunha das súas obras.
Por outra banda, as fotografías non teñen que ser só del, tamén da súa familia, de autores tratados por el ou de institucións, ou portadas das obras que publicou. Ademais, estou seguro que poderedes atopar máis vídeos na web.
¡Veña, que queda aínda moito por facer!
jueves, 7 de mayo de 2009
As datas clave do seu currículum
Estuda o bacharelato en Lugo e despois regresa a Armeá, onde permanece ata 1930.
A lectura de El Pueblo Gallego esperta nel un grande interese polo movemento político e cultural de Galicia.
En 1932 regresa a Lugo e se relaciona con xoves galeguistas lucenses.
En 1933 asiste ás Asembleas do Partido Galleguista, celebradas en Santiago e coñece a Castelao, Alexandre Bóveda e outros.
En 1936 é elixido secretario do Comité Provincial para o plebiscito do Estatuto de Autonomía.
Co comezo da guerra civil presentáronse varias denuncias contra el, pero o azar e a axuda dalgunhas persoas fixeron que non fose detido. Logo incorporouse a filas.
Acabada a Guerra, comeza os seus estudos universitarios en Santiago.
En 1943 participa clandestinamente na reorganización do galeguismo e viaxa a París, onde permanece exiliado o goberno republicano.
Ó volver de París é detido en Madrid e condenado a 6 anos de cárcere.
En 1950 fundou en Santiago a editorial Galaxia da que Ramón Piñeiro sería o director.
En 1967 ingresa na Real Academia Gallega co importante discurso "A lingoaxe i as lingoas".
En 1983 convértese no primeiro Presidente da Cultura Galega.
(César Lamas)

miércoles, 29 de abril de 2009
Naceu en Armea (Láncara, Lugo) o 31 de maio de 1915 e finou en Santiago de Compostela o 27 de agosto de 1990. Foi un escritor, filósofo, ensaísta e político galego.
Con nove anos foi vivir a Lugo, onde estudou o bacharelato para regresar despois a Armea e máis tarde ir traballar a Sarria, en 1930. En 1931 asiste a un mitin de Lois Peña Novo que esperta nel o interese pola cultura e a política galegas.
En 1932, de novo en Lugo para estudar o bacharelato superior, participou na fundación das mocidades do Partido Galeguista, onde pronto destacou a pesar da súa timidez, sendo nomeado secretario de cultura. Alí coñeceu a Ramón Otero Pedrayo (1888 - 1976), a raíz dunha conferencia que organizan os alumnos do instituto, e, en 1933, a outros persoeiros do galeguismo político (Castelao, Bóveda e outros).
En 1934 participou nun mitin celebrado na praza da Quintana o 25 de xullo e, en 1936, chega a ser elixido secretario do comité provincial para o plebiscito do Estatuto de Autonomía de Galicia. Tralo alzamento militar de xullo de 1936, viuse obrigado a loitar na guerra civil no bando nacional.
Rematada a guerra civil, comezou a estudar Filosofía e Letras na Universidade de Santiago. Dende 1943 participa na reorganización clandestina do Partido Galeguista no interior, membro do Comité Executivo como Secretario Político, púxose en contacto co resto da oposición ao franquismo en Galicia e cos nacionalistas cataláns e vascos para asegurar a presenza galega en todos os foros pensando nunha caída do réxime franquista tras a vitoria aliada na Segunda Guerra Mundial. Detido en abril de 1946 permaneceu tres anos na cadea, malia se condenado a seis. Ao saír do cárcere, establécese en Santiago, defendendo a loita cultural fronte á loita armada e política, en pleno enfrontamento entre os galeguistas do exilio (partidarios da guerrilla), radicados sobre todo en Arxentina (Castelao falecera en Bos Aires en 1950), antifranquistas e republicanos, e os galeguistas «do interior», máis preocupados por fornecer as xeneracións novas do apego á cultura galega para preparalos para a transición democrática. Interviu activamente na auto disolución do Partido Galeguista e en 1950 foi o adaíl do grupo que fundou a Editorial Galaxia (da que foi o primeiro director literario), que en pleno franquismo comezou a publicar libros en galego e sobre asuntos relacionados con Galicia. Un par de anos máis tarde, Galaxia publica a Revista de Economía de Galicia, onde comeza a analizarse o desenvolvemento económico de Galicia. Piñeiro dirixiu a editorial e traballou nela ata 1966. Alí publicou en 1953, xunto con outros autores, A Saudade, ensaios (Galaxia, Vigo 1953).
En 1966 trasládase a Estados Unidos, como profesor invitado da Universidade de Middlebury, en Vermont. O 25 de novembro de 1967 ingresa na Real Academia Galega, co discurso "A lingoaxe i as lingoas", que foi respondido por Domingo García-Sabell (membro tamén da «Xeración Galaxia»).
Durante o tardofranquismo determinados ideólogos do galeguismo asociado ás revolucións socialistas pretendidamente marxistas foron especialmente críticos con Ramón Piñeiro e co grupo representado por Galaxia, tratándoos de "conservadores". Exemplo disto foi Xosé Luís Méndez Ferrín, que na novela Retorno a Tagen Ata (1971) incluso chega a “matar a Ulm Roan”, o ideólogo do nacionalismo clásico e non revolucionario, que os seus lectores ben poderían identificar con Ramón Piñeiro.
As pretensións políticas de Piñeiro tiñan como obxectivo que todos os líderes políticos galegos asumiran o galeguismo entre os seus obxectivos fundacionais. Baixo o grupo denominado Realidade Galega, influíu notablemente para acadar partidos homologables ós europeos (un de corte socialdemócrata e outro demócrata conservador). Proba desta postura política, foron os seus constantes contactos epistolares cos líderes culturais e políticos de todos os partidos que existían na clandestinidade galega, e os que agromaban ao principio da democracia, tales como Xosé Manuel Beiras, Xaime Illa Couto, Xerardo Fernández Albor, etc., e que non deixaron de pasar pola xa famosa "mesa camilla" da súa casa na zona vella de Santiago, onde Piñeiro os asesoraba, ao tempo que traballaba porque os novos universitarios se imbuísen do galeguismo, independentemente da súa ideoloxía política ou postura artística.
Cando chega a democracia, Piñeiro, que nunca deixou de defender a postura do "galeguismo difuso" (isto era, "tinguir todos os partidos de galeguismo en vez de ter un único partido galeguista"), deu exemplo desta postura e formou parte do primeiro Parlamento Autonómico, como deputado pola provincia da Coruña, como independente dentro das listas do PSdeG (Partido Socialista de Galicia-PSOE Partido Socialista Obrero Español), xunto con outras destacadas figuras da cultura galega como Alfredo Conde ou Benxamín Casal.
Da súa carreira política destaca o seu labor de relator da primeira Lei de Normalización Lingüística de Galicia (1983), da que foi un dos seus auténticos pais. Nese mesmo ano foi elixido primeiro presidente do Consello da Cultura Galega, cargo que desenvolveu ata o seu pasamento, o 27 de agosto de 1990, a consecuencia dunha insuficiencia hepática. En 1985 recibe a Medalla Castelao.
O 11 de febreiro de 1993 o Presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga Iribarne, asina o decreto 25/1993 polo que se creaba o Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro, institución que por decreto 330/1997 pasou a denominarse, o 13 de novembro de 1997, como Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
A obra escrita por Ramón Piñeiro non é moi abundante e céntrase, case na súa totalidade, na filosofía da "saudade": Siñificado metafísico da saudade, Notas pra unha filosofía galaico-portuguesa (Galaxia, Vigo), e Filosofía da saudade (Galaxia, Vigo 1984). A súa correspondencia publicouse en Cartas para os amigos (1992) e Un epistolario de Ramón Piñeiro (2000).
A Real Academia Galega decidiu o 5 de xullo de 2008 dedicarlle o Día das letras galegas do ano 2009.
(andrés farto fernandez)

RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ
Ramón Piñeiro, primeiro presidente do Consello da Cultura Galega e membro fundador de Galaxia, é o home que liderou o galeguismo da segunda metade do século XX, ademais dunha das personalidades que máis influíron na vida política e cultural desta etapa.
Nado en Láncara en 1915, Ramón Piñeiro pasou en Lugo os seus anos de estudante, cun paréntese, entre o bacharelato elemental e o superior, no que volveu á súa vila natal para axudar nas tarefas agrícolas familiares e no que traballou en Sarria, onde asistiu á proclamación da II República. Na súa segunda etapa na cidade das murallas, e influído por un mitin do Partido Galeguista (PG), acabado de constituír, participou activamente na creación de Mocedade Galeguista de Lugo, da que sería elixido primeiro secretario de cultura e, máis tarde, presidente. Iniciouse daquela un período de intensa actividade política que o levou a ser elixido secretario do Comité Provincial do Estatuto de Autonomía, en 1936, e no que estableceu amizade, entre outros, con Otero Pedrayo, Alexandre Bóveda, Castelao ou Gómez Román.
Rematada a Guerra Civil, trasladouse a Santiago de Compostela para realizar estudos de Filosofía e Letras na súa universidade, unha formación que acabaría abandonando ao centrar todos os seus esforzos no reagrupamento clandestino do PG, que en certo modo liderou. En 1946, á volta dunha viaxe que realizou a París para contactar co goberno republicano no exilio, foi deito e condenado a seis anos de prisión, dos cales finalmente cumpriu tres. Xa en liberdade, instalouse en Santiago de Compostela para apostar por unha estratexia culturalista que, en contradición coa postura dos galeguistas do exilio, desembocou no inicio dunha política cultural rexeneracionista con carácter legal que supuxo a autodisolución do PG en Galiza e que se concretou no nacemento da Editorial Galaxia en 1950. Desta última, de cuxa fundación foi artífice, foi o seu primeiro director ata 1966, ano no que viaxou aos Estados Unidos para exercer a docencia na Universidade de Middlebury (Vermont).
No seo de Galaxia, Piñeiro foi tamén codirector de Grial, colección que el mesmo inaugurou con Siñificado metafísico da saudade, o primeiro dunha serie de ensaios que dedicou ao estudo da saudade e da que forman parte tamén “A saudade en Rosalía” (1952) e “Pra unha filosofía da saudade” (1953). Posteriormente, o texto “Saudade e sociedade, dimensión do home” (1975), dunha conferencia pronunciada en Vigo nun ciclo sobre Galiza e o home galego, foi incluído cos anteriores en Filosofía da saudade (1984). A súa breve produción ensaística comprende tamén o título Olladas no futuro (1974), unha recompilación de 48 traballos aparecidos en diversas publicacións, entre 1949 e 1973, sobre a realidade socioeconómica e cultural galega, así como algúns que recollen reflexións sobre a situación europea e norteamericana.
En 1967 ingresou na Real Academia Galega co discurso A lingoaxe i as língoas (1967) e, xa en época democrática, participou das negociacións nas que se consolidou o Estatuto de Autonomía. Como independente nas listas do Partido Socialista de Galicia, foi elixido deputado do Parlamento Galego na súa primeira lexislatura, un cargo no que tivo especial relevancia pola súa defensa da Lei de Normalización Lingüística de 1983, da que foi un dos seus pais.
Desde 1983, e ata a súa morte, en Compostela no ano 1990, converteuse tamén no primeiro presidente do Consello da Cultura Galega. As súas actividades centráronse especialmente, nestes anos, en desenvolver unha intensa acción orientadora e coordinadora do movemento galeguista exercendo, sobre todo entre os mozos universitarios, un maxisterio de decisiva influencia galeguizadora.
En febreiro de 1993 a Xunta e Galicia creou o Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro, que pasou a denominarse, a partir de 1997 Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Rematada a Guerra Civil, trasladouse a Santiago de Compostela para realizar estudos de Filosofía e Letras na súa universidade, unha formación que acabaría abandonando ao centrar todos os seus esforzos no reagrupamento clandestino do PG, que en certo modo liderou. En 1946, á volta dunha viaxe que realizou a París para contactar co goberno republicano no exilio, foi deito e condenado a seis anos de prisión, dos cales finalmente cumpriu tres. Xa en liberdade, instalouse en Santiago de Compostela para apostar por unha estratexia culturalista que, en contradición coa postura dos galeguistas do exilio, desembocou no inicio dunha política cultural rexeneracionista con carácter legal que supuxo a autodisolución do PG en Galiza e que se concretou no nacemento da Editorial Galaxia en 1950. Desta última, de cuxa fundación foi artífice, foi o seu primeiro director ata 1966, ano no que viaxou aos Estados Unidos para exercer a docencia na Universidade de Middlebury (Vermont). No seo de Galaxia, Piñeiro foi tamén codirector de Grial, colección que el mesmo inaugurou con Siñificado metafísico da saudade, o primeiro dunha serie de ensaios que dedicou ao estudo da saudade e da que forman parte tamén “A saudade en Rosalía” (1952) e “Pra unha filosofía da saudade” (1953).
Posteriormente, o texto “Saudade e sociedade, dimensión do home” (1975), dunha conferencia pronunciada en Vigo nun ciclo sobre Galiza e o home galego, foi incluído cos anteriores en Filosofía da saudade (1984). A súa breve produción ensaística comprende tamén o título Olladas no futuro (1974), unha recompilación de 48 traballos aparecidos en diversas publicacións, entre 1949 e 1973, sobre a realidade socioeconómica e cultural galega, así como algúns que recollen reflexións sobre a situación europea e norteamericana. En 1967 ingresou na Real Academia Galega co discurso A lingoaxe i as língoas (1967) e, xa en época democrática, participou das negociacións nas que se consolidou o Estatuto de Autonomía. Como independente nas listas do Partido Socialista de Galicia, foi elixido deputado do Parlamento Galego na súa primeira lexislatura, un cargo no que tivo especial relevancia pola súa defensa da Lei de Normalización Lingüística de 1983, da que foi un dos seus pais. Desde 1983, e ata a súa morte, en Compostela no ano 1990, converteuse tamén no primeiro presidente do Consello da Cultura Galega. As súas actividades centráronse especialmente, nestes anos, en desenvolver unha intensa acción orientadora e coordinadora do movemento galeguista exercendo, sobre todo entre os mozos universitarios, un maxisterio de decisiva influencia galeguizadora. En febreiro de 1993 a Xunta e Galicia creou o Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro, que pasou a denominarse, a partir de 1997 Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. -->
(miguel medela fernandez)

lunes, 27 de abril de 2009
O Día das Letras Galegas
Ainda que falta casi un mes para a sua celebración, os integrantes do Faro Cultural Daniel Castelao han dado xa a conocer os detalles das Letras Galegas 2009. A programación, que arrancará o próximo 17 de mayo, brindará un homenaxe ao filósofo galego Ramón Piñeiro (1915-1990), conocido como o filósofo da saudade.
A xornada inaugural coincidirá coa la celebración do Día das Letras Galegas, unha festividade que se traducirá, a partir das 11.00 horas, nunha misa oficiada en galego na parroquia de Nuestra Señora de La Asunción, no Poblado de Pescadores. A su término, se levará a cabo o tradicional homenaxe a Castelao, na calle bautizada con su nombre no distrito de San Pedro en recuerdo a lo que representó para a cultura galega. Non faltará, como en años anteriores, a actuación dun grupo de gaiteros, os que forman Novas Fontes.
o venres, 22 de mayo, a Tenencia de Alcaldía de Trintxerpe acollerá, as 19.45, unha conferencia sobre 'Ramón Piñeiro e o nazionalismo basco', da mano do historiador Xosé Estévez, profesor senior da Universidad de Deusto en San Sebastián.
Un día máis tarde, se levará a cabo unha doble proxección. Os asistentes a esta cita, prevista para as 12.00 horas, de nuevo na Tenencia de Alcaldía de Trintxerpe, podrán ver os audiovisuales Irmán Daniel e O santo Andrés de Teixido. Con su visionado se pondrá punto y final ao programa de actividades diseñado para este año por los galegos residentes en Pasaia.
diego cruz

Pequena biografía de Ramón Piñeiro

Ramón Piñeiro López (Láncara -Lugo, 1915 - Santiago de Compostela, 1990) foi un intelectual e político español que desenvolveu a súa actividade en Galicia. É o homenaxeado no Día dás Letras Galegas de 2009.Trátase dunha das figuras históricas do galeguismo durante o século XX, clave para conseguir a continuidade deste trala Guerra Civil Española (motivo polo cal foi encarcerado entre 1946 e 1949).Como intelectual, foi un dos fundadores e primeiros directores da editorial Galaxia e da revista Grial.Politicamente, ademais de formar as Mocidades Galeguistas, foi membro do Partido Galeguista e, máis tarde, xa durante a España democrática, foi tamén deputado independente do Parlamento de Galicia formando parte da lista do PsdeG-PSOE.Como intelectual, o seu principal actividade foi a de intentar despojar ao galeguismo da súa compoñente político para centralo na súa compoñente cultural (a esta tendencia se coñeceríaa desde entón como piñeirismo). Neste sentido, apelou á saudade (concepto ao que dedicou varios estudos ao longo da súa vida), a paisaxe e o humor como fundamentos da identidade dos galegos e esencia de Galicia.Piñeiro concibía a saudade como un sentimento sen obxecto e sen relación algunha co pensamento ou a vontade, que fora xa caracterizado por diversos escritores galegos baixo a forma de instinto de vida, de morte, como sentimento a superar, etc. Na súa concepción, contextualizada polo existencialismo filosófico, a saudade é un sentimento de soidade ontológica, isto é, un sentimento derivado da singularización do ser.A súa obra escrita repártese entre traballos de índole filosófica (con especial atención ao tema da saudade que trata desde unha perspectiva existencialista heideggeriana) e traballos de orientación lingüístico-literaria (centrados nos problemas do proceso de normalización da lingua galega). Foi pioneiro tamén na tradución de obras noutros idiomas ao galego, entre as que salienta Dá esencia dá verdade (1956), de Heidegger
(Alvaro Saiz Rodriguez)
(Alvaro Saiz Rodriguez)
Obras realizadas por Ramón Piñeiro Lopez
OBRAS REALIZADAS:Nos anos 50 publica varios ensaios como Significado metafísico da Saudade (1951), A saudade en Rosalía (1952), Para unha filosofía de saudade (1953). Convidado por diversas universidades participa en congresos, coloquios e conferencias. No 1984, estas obras foron integradas coa Filosofía e ou Home e Saudade e Sociedade nun só volume baixo o título A Filosofía da Saudade. En 1951 traduce ao galego con Celestino Fernández de la Vega, o Cancioneiro dá Poesía Céltica de Julius Pokorny. En 1956 publican en Galaxia a conferencia Von Wessen der Wahrkeit de Martin Heidegger baixo o título galego Da esencia da verdade.
(Alvaro Saiz Rodriguez)
(Alvaro Saiz Rodriguez)
domingo, 26 de abril de 2009
Benvidos ao noso blog "Ramón Piñeiro"
Con esta entrada comeza a actividade de creación dun blog sobre a figura de Ramón Piñeiro con motivo do Día das Letras Galegas 2009. Os alumnos de 2º da ESO terán que publicar noticias, fotografías, vídeos ou arquivos sonoros que sexan de interese para coñecer e homenaxear a figura do intelectual lucense. ¡Adiante!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)